I Concurso

CONVOCATORIA DO I CONCURSO INTERUNIVERSITARIO DE INTEGRIDADE ACADÉMICA NO SUG

O Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia composto polos grupos GIACE da UDC, IDEA da USC e GIE da UVigo, convoca o I Concurso Universitario de Integridade Académica no SUG.


 
OBXECTO DO CONCURSO

O obxecto do concurso é a realización dun cartel sobre as condutas e prácticas que debe ter en conta e poñer en práctica o alumnado co fin de evitar accións contra a integridade académica. A finalidade céntrase en concienciar e potenciar a cultura ética e a responsable na integridade académica na Educación Superior. 

BASES  DO CONCURSO 


1.- Participantes
: Poderá participar o alumnado (de grao e máster) das Facultades de Ciencias da Educación das tres universidades públicas galegas. O cartel realizarase individualmente.


2.-Temática 

O cartel haberá de reivindicar as condutas e prácticas que debe ter en conta e poñer en práctica o alumnado co fin de evitar accións contra a integridade académica, nun ou varios dos seguintes aspectos:  

Accións deshonestas nas exames: 

Empregar “costeletas” para copiar nunha exame.
Empregar dispositivos tecnolóxicos (móbiles, tabletas, auriculares sen fíos, ...) para copiar nunha exame. 
Copiar dun o dunha compañeiro/a durante unha exame
Permitir que un ou unha compañeiro/a me copie durante unha exame.  
Suplantar a outra persoa nunha exame.  
Permitir que outra persoa me suplante nunha exame.   
Compartir na Internet unha exame.  
Conseguir unha exame dun o dunha compañeiro/a que xa o realizou.  
Vender unha exame.
Mercar unha exame.  
Negar estar a copiar nunha exame cando se está facendo.  
Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar unha exame.  

Accións deshonestas nos traballos   

Entregar como propio un traballo completo descargado da Internet, sen modificalo.
Facer un traballo a partir de fragmentos copiados literalmente sen pór os/as autores/as. 
Engadir referencias bibliográficas non consultadas nun traballo.
Excluír nun traballo referencias bibliográficas consultadas. 
Presentar como propia unha obra traducida literalmente da Internet, que foi escrita noutro idioma.
Incluír fotografías, imaxes, vídeos, etc. nun traballo sen pedir autorización para ou seu uso.
Utilizar un pretexto falso para pedir aprazar a entrega dun traballo. 
Presentar como propio un traballo doutro/a alumno/a.  
Mercar ou vender un traballo.
Incluír datos falsos nun traballo. 

Accións deshonestas cara o profesorado  

Falsificar documentos académicos (certificados de notas, etc.)  
Omitir a comunicación ao profesorado de casos de fraude cometidos por outros/as alumnos/as. 
Utilizar un pretexto falso para xustificar a non asistencia a clase. 
Inventar problemas persoais para que o/a profesor/a modifique a cualificación da avaliación.
Falsificar a sinatura dun ou dunha profesor/a nun documento. 

 
Accións deshonestas cara os/as compañeiros/as   

Incluír a un ou unha compañeiro/a nun traballo en cuxa elaboración non participou.  
Negarse a cooperar nun traballo en equipo.
Menosprezar as achegas dun ou dunha compañeiro/a nun traballo.
Danar o material de traballo dos/das compañeiros/as.
Interferir na realización das actividades académicas dos/das compañeiros/as. 


3. Características técnicas:
 

  • O formato será cartel.
  • O cartel realizarase en formato dixital (presentación horizontal). DIN A4 ou DIN A3
  • A resolución mínima de imaxes será de 300 pp.  
  • O cartel deberá presentarse en galego e castelán.
  • O cartel debe ser orixinal e inédito e non poderá incluír imaxes con dereitos de autoría.
  • O arquivo enviarase en formato pdf nun arquivo  identificado da forma seguinte: apelido_apelido_nome_siglas da universidade (UDC/USC/UVigo).


4. Prazo de presentación
 
O prazo de presentación será dende o día seguinte da publicación das bases na páxina web plaxio.org e naquelas propias das Facultades implicadas, ata o día 28 de febreiro de 2023 ás 24 horas.


5. Forma de envío dos traballo e documentos a enviar

Os traballos deberán remitirse en formato  pdf para galego (ga) e castelán (cas):

1.-  Cartel en pdf: o nome do cartel deberá referenciarse como:

nome_apelido_apelido_sigla_universidade_cartel_ga.pdf
nome_apelido_apelido_sigla_universidade_cartel_cas.pdf

exemplo:

jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_ga.pdf
jesus_munoz_cantero_UDC_cartel_cas.pdf

 

2.- Un certificado de estar matriculado/a nun título de grao ou máster nalgunha das Facultades de Ciencias da Educación.
O nome deste arquivo deberá referenciarse como nome_apelido_apelido_sigla_universidade_matrícula

exemplo:
jesus_munoz_cantero_UDC_matricula

Os documentos (cartel en pdf en galego e castelán e documento de matrícula) deberán enviarse o seguinte enderezo: concurso@plaxio.org

No corpo do mensaxe deberá incluirse os seguintes datos do/a participante:

  • Nome e apelido do/da autor/a,
  • Facultade,
  • Universidade,
  • Titulación que cursa
  • Curso
  • Correo electrónico (institucional)


6. Premios 

Concederase un único premio por cada  Universidade. O premio consistirá nunha Tableta GALAXY TAB A8 WIFI 64GB con pantalla 10,5.   
Darase certificado para o 2º e 3º premio.


7. Criterios de valoración 

  • A mensaxe sobre a integridade académica.
  • A calidade técnica.
  • A orixinalidade.
  • A creatividade.  


8. Aceptación das bases
 
A participación no concurso implica a aceptación das bases.   
As persoas que participen, responsabilizaranse da súa orixinalidade e autoría. A participación fraudulenta dará lugar á exclusión da solicitude presentada, sen prexuízo doutras responsabilidades que puidesen esixirse pola mesma.  


9. Xurado 

As persoas que formarán parte do xurado serán os/as decanos/as das tres Facultades de Ciencias da Educación das tres Universidades ou persoas en quen deleguen e cinco membros do Grupo Interuniversitario de Integridade Académica no Sistema Universitario de Galicia. A resolución do xurado será inapelable e se o considera conveniente poderá deixar o premio deserto. 
 

10. Dereitos de propiedade 

A propiedade intelectual dos traballos será dos/das participantes, se ben a organización poderá facer uso deles como mecanismos de difusión nas súas redes sociais, sempre que non supoñan ánimo de lucro, polo que non se poderá comercializar con eles.
O Grupo interuniversitario resérvase o dereito a procesar, adaptar, modificar e corrixir con total liberdade os traballos gañadores co fin de adaptalos ás necesidades propias do obxecto do concurso.